Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro dianteiros galegos entre os máximos goleadores da Liga

Catro dianteiros galegos entre os máximos goleadores da Liga

Borja Iglesias, Iago Aspas, Brais Méndez e Joselu Mato, todos da canteira do Celta, sitúanse entre os máximos goleadores da Liga. 

O santiagués, internacional na última convocatoria de España, leva marcados seis goles, a tres do pichichi Lewandowski

Clasificación de máximos goleadores da Liga na sétima xornada. Fonte: LaLiga
G24.gal 04/10/2022 21:35

Que o gol español ten acento galego está claro desde hai varios anos, pero esta temporada a clasificación do pichichi á altura da sétima xornada ten entre os seis primeiros catro galegos. Por detrás de Lewandowski, que destaca xa con nove goles, veñen Borja Iglesias con seis, Iago Aspas con cinco e con catro Joselu Mato e Brais Mendez, empatados con Morata.

Todos con pasado celeste, produtos da canteira da Madroa. Boja Iglesias quedou sen marcar este domingo en Balaídos, pero lidera o Betis na zona alta da táboa con seis goles e dous dobretes.  Borja acaba de debutar coa Selección española e ten moitas opcións de ir ao Mundial.

Tamén triunfa Brais Méndez. O seu traspaso á Real Sociedade resultou un grande éxito. Leva catro goles na Liga e un na Liga Europa, o penalti que valeu a vitoria en Old Trafford. Esta xornada tamén marcou. O de Mos tivo non hai moito o favor de Luis Enrique e quizais teña outra oportunidade.

Outro galego que viu porta esta fin de semana foi Joselu Mato, un golazo que serviu para que o Español sumase o primeiro punto na casa. Leva catro nunha conta que empezou en Balaídos na primeira xornada. O seu posible regreso a Vigo foi un rumor do verán.

E por suposto Iago Aspas, que con cinco goles pero cunha freada nestas últimas xornadas presentou a súa candidatura ao quinto Zarra hai uns días, cando recolleu o cuarto. 
Aínda non transcorreron dous meses dunha liga en que marcan, sobre todo, os galegos.

Iago Aspas recolleu a pasada semana o seu cuarto Zarra e brindoullo a Balaídos o domingo Iago Aspas recolleu a pasada semana o seu cuarto Zarra e brindoullo a Balaídos o domingo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade