Cargando resultados...
Catro alumnos galegos expulsados da ABAU por copiar
Utilizaron dende reloxos intelixentes a móbiles, ou mesmo a chuleta tradicional
G24.gal
09/06/2022 19:04
Última actualización 09/06/2022 20:39
Polo menos catro alumnos foron expulsados dos exames da ABAU que remataron hoxe en Galicia por copiar, dous deles en Vigo, un na Coruña e outro en Santiago.
Un deles empregaba un reloxo intelixente, dous copiaban dos seus móbiles e outro coa tradicional chuleta en papel. As normas da ABAU son claras neste sentido, se se detecta algún alumno copiando debe abandonar inmediatamente o exame.
Pero non só recibirá un cero nesa materia, senón que non poderá presentarse a ningún outro exame da mesma convocatoria.