Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Cataluña recorre o auto que a obriga a impoñer o 25 % das clases en castelán
O Generalitat alega que causaría graves prexuízos á comunidade escolar poucas semanas antes do remate do curso
            
                            G24.gal
                        
                            17/05/2022 18:46
                        
                        
                        
                        
                    
                    A Generalitat de Cataluña recorre o auto que a obriga a impoñer o 25 por cento das clases en castelán antes do 31 de maio.
Asegura o Govern que poñer en funcionamento agora a sentenza do Tribunal Supremo, tal como ordena o auto de execución do Tribunal Superior catalán, causaría graves prexuízos á comunidade escolar, a escasas semanas de que remate o curso.
A Generalitat di que prepara alternativas legais e anunciou que ultima un decreto, do que non avanzou detalles, para protexer a comunidade educativa.