Publicador de contidos

Publicador de contidos

Castela e León, pendente da posible entrada dos incendios de Ourense e Cáceres

Castela e León, pendente da posible entrada dos incendios de Ourense e Cáceres

Xa hai milleiros de evacuados en Castela e León e Estremadura polos incendios

En Asturias a situación mellora coa baixada das temperaturas e o aumento da humidade

Os medios desprazados de Aragón loitan contra os incendios en León (Europa Press/Goberno de Aragón)
G24.gal 18/08/2025 14:17

A pesar dos prognósticos de mellora das condicións meteorolóxicas, segue sendo preocupante a situación polos incendios en Castela e León e Estremadura. Xa hai miles de persoas confinadas e evacuadas nas provincias de Zamora, Palencia e Cáceres.

En Castela e León xa foron desaloxadas 5.300 persoas de 76 localidades. Alí, preocupa a negativa dos cidadáns para deixar as súas poboacións por medo a que cheguen as chamas e o operativo non as defenda.

Ademais, unha ducia de localidades do Lago de Seabra, Zamora, prepáranse para unha posible evacuación polo incendio de Porto. Tamén foi confinada a localidade de Guardo, Palencia.

Os incendios dos últimos días causaron xa catro falecidos, o último foi un bombeiro forestal que morreu a noite deste domingo ao envorcar a autobomba que conducía en Espinoso de Compludo (León).

Neste ano, polo menos 250.000 hectáreas queimáronse en España contando as 138.000 cuantificadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica ata o 10 de agosto e as xa coñecidas dos incendios en activo do país.

Castela e León teme pola entrada de novos incendios

O incendio que ameaza a vertente leonesa do Parque Nacional de Picos de Europa ten en alerta aos habitantes da Terra da Raíña e do Valle de Valdeón. Nete último evacuaron 775 persoas de 11 localidades. 

A Xunta de Castela e León dixo que a preocupación pola evolución dos incendios forestais céntrase actualmente nos que poden saltar desde as provincias de Cáceres e Ourense.

Dá por feito que o incendio descontrolado de Jarilla (Cáceres) afectará a Salamanca e Ávila e considera que vai entrar polo municipio salamantino de Candelario.

Estremadura loita contra o incendio de Jarilla

No incendio de Jarilla, ata 315 efectivos e 20 medios aéreos interveñen no incendio forestal que queimou xa máis de 12.000 hectáreas e no que se contará coa axuda de Alemaña e Eslovaquia para controlalo.

En total, na provincia de Cáceres, e segundo datos da Xunta de Estremadura, os incendios arrasaron 30.000 hectáreas e 315 quilómetros de perímetro.

Mellora a situación en Asturias

O aumento da humidade, a notable baixada das temperaturas e a entrada do vento do norte axudan a controlar os incendios dos últimos días en Asturias, onde se manteñen activos oito deles.

Ademais deses oito activos, hai dous estabilizados e cinco máis que se deron por controlados en Canga do Narcea, Coaña e Tineo.

O de Genostoso, en Cangas do Narcea, segue sendo o que máis preocupa e no que se concentran a maior parte dos medios de extinción, xunto co de Somiedo, no límite de León.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade