Cargando resultados...
Casemiro confirma que deixa o R. Madrid e non xogará ante o Celta
Toni Kross é baixa segura por gripe
Foto EFE
G24.gal
19/08/2022 13:21
Última actualización 19/08/2022 13:32
Carlo Ancelotti, técnico do Real Madrid, confirmou que o centrocampista brasileiro Carlos Henrique Casemiro lle comunicou este venres o seu desexo de abandonar o club e asinar polo Manchester United.
"É un tema que falei esta mañá con el, quere probar un novo desafío, unha nova oportunidade", confirmou Ancelotti en conferencia de prensa adiantando o acordo que se pechará este venres entre Real Madrid e Manchester United.
📹 Ancelotti confirma que el deseo de Casemiro es marcharse.
— EFE Deportes (@EFEdeportes) August 19, 2022
🗣️ "Quiere probar un nuevo desafío, una nueva oportunidad". pic.twitter.com/y0r3k3SUdK
O alemán Toni Kross, con gripe, tampouco estará en Balaídos.