Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Vigo rexistra case un milleiro de contaxios nun só día

A área de Vigo rexistra case un milleiro de contaxios nun só día

Notificáronse 933 positivos máis nas últimas 24 horas

G24.gal 26/12/2021 21:46

Remata unha fin de semana negra para a área sanitaria de Vigo en canto ao número de contaxios. Este domingo notificáronse 933 novos positivos nas últimas 24 horas. Hai un ano, esa mesma cifra era de 88.

Este crecemento imparable podería continuar nos vindeiros días polo alto número de probas que se están a realizar tanto no covid auto coma na zona do Naútico de Vigo.

A día de hoxe esta área sanitaria ten un total de 7.075 casos activos. Hai un ano esa cifra era de 1.232. 

Só permanece estable a presión hospitalaria, que incluso baixa respecto ao sábado en planta pero non en UCI. En total son 78 as persoas ingresadas, catorce máis que hai un ano.

Durante este mes de decembro faleceron un total de 72 persoas coa covid. Vigo, con 27, foi a área sanitaria que máis sumou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar