Publicador de contidos

Publicador de contidos

A XXV Vig-Bay reuniu este domingo case 8.500 persoas; búscate na saída

A XXV Vig-Bay reuniu este domingo case 8.500 persoas; búscate na saída

Os vencedores foron Jorge Puig, que xa gañara hai tres anos, e Andreia Santos

6.450 persoas correron a proba de 21 quilómetros entre Vigo e Baiona, mentres que 2.000 percorreron os 10,5 quilómetros que unen Nigrán con Baiona

A proba celebra o seu 25 aniversario
G24.gal 12/04/2026 07:56

Máis de 8.400 persoas de 48 países participaron este domingo na XXV Vig-Bay e na V Minibay que une as localidades pontevedresas de Vigo, Nigrán e Baiona nunha ruta correndo polo litoral. Os vencedores da proba foron Jorge Puig, que xa lograra o primeiro posto na edición de hai tres anos, e Andreia Santos.

Puig marcou un tempo de 1.05.49, medio minuto menos do que empregou para facer o percorrido o segundo clasificado, o gañador da anterior edición Rubén Pires. Terceiro foi Alejandro Fernández. 

Andreia Santos impúxose con claridade na proba feminina, cun tempo de 1.16.09. Segunda foi Lucía Sicre e terceira Sonia Abad.

Mini Bay

En canto a proba Mini Bay, a que percorreu o treito entre Nigrán e Baiona, os gañadores foron o ourensán Kike Blanco e a viguesa Ana Alonso. Anxo Otero e Manuel Prieto, no apartado masculino e Ana Iglesias e Clara Armán e Iria de los Ángeles, que entraron da man, completaron o cadro de honra. 

Foi unha participación "marca", segundo destacou o presidente do medio maratón, Eduardo Vieira, quen debullou as cifras. Así, unhas 6.450 persoas correron a proba de 21 quilómetros entre Vigo e Baiona, mentres que 2.000 percorreron os 10,5 quilómetros que unen Nigrán con Baiona. "Un incremento do 23,49 %", subliñou.

Unha proba coma esta, que atravesa tres concellos, precisa da organización dun importante dispositivo de seguridade, como destaca a Policía Nacional.

Na presentación do evento, Vieira subliñara que hai corredores de todas as comunidades autónomas de España, así como de 48 países. Durante os 25 anos de traxectoria, a Vig-Bay contou coa inscrición de máis de 100.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade