Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller pasa case 1.200 días en prisión e finalmente sae absolta

Unha muller pasa case 1.200 días en prisión e finalmente sae absolta

A muller recibirá 35.000 euros polos 38 meses de liberdade perdida

G24.gal 06/10/2026 12:34 Última actualización 06/10/2026 14:25

1173 días. Este é o tempo que unha muller pasou entre reixas acusada de matar a dous anciáns en Arzúa. No primeiro xuízo, en 2019, o tribunal considerouna autora dos feitos, aínda que coa eximente por transtorno mental. Pero o proceso repetiuse e en 2021 un xurado concluíu que non había probas dabondo. Foi absolta.

Pero para entón a súa vida xa estaba rota e a familia desfeita. Para compensalo pediu 200.000 euros. O Estado ofreceu 35.000, e agora a Audiencia Nacional determina que esa é a cifra que lle corresponde. Pouco máis de 21 euros por cada día de liberdade perdida.

A lei recoñece o dereito a ser indemnizado e a contía non é automática: analízanse danos acreditados, informes médicos, e sobre todo precedentes. De aí as cifras, sen ter en conta moitas veces o dano real.

A muller aínda pode recorrer ao Tribunal Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade