15 anos preso por erro xudicial: o Estado deberá indemnizar ao varón co 2,5 millóns
O home foi condenado por varios delitos sexuais e absolto anos despois ao demotrarse que unha proba biolóxica clave non fora valorada
Fernando Sánchez-Europa Press-Arquivo
O Tribunal Supremo condenou o Estado a indemnizar con 2,5 millóns de euros a Ahmed Tommouhi, un home que pasou 15 anos no cárcere por delitos de violación dos que acabou sendo absolto tras acreditarse un erro xudicial.
A Sala do Contencioso-Administrativo revogou a decisión da Audiencia Nacional e considera que existía unha "equivocación cualificada" ao non valorarse unha proba pericial biolóxica que excluía a correspondencia xenética do condenado cos restos atopados nunha das vítimas.
Os maxistrados destacan que Tommouhi permaneceu privado de liberdade durante un periodo "extraordinariamente prolongado", o que sitúta o caso nun plano de "excepcional gravidade" polo impacto persoal e vital sufrido.
Máis de dúas décadas para lograr a absolución
Os feitos remóntanse a 1991. Tommouhi foi condenando en 1995 a máis de cen anos de cárcere por varios delitos en localidades de Tarragona.
Os Supremo anulou unha das condenas en 1997, pero non foi ata 2023 cando deixou sen efecto a segunda sentenza, o que permitiu a súa absolución definitiva.
Tras reclamar unha compensación de 3,6 millóns de euros ao Ministerio de Xustiza e ver rexeitada a petición, acudiu aos tribunais. Agora, o Supremo recoñece o erro xudicial e fixa unha indemnización 2,5 millóns de euros.