Publicador de contidos
Publicador de contidos

Casado acusa a Pedro Sánchez de consentir o "acoso" que sofre a familia de Canet

Casado acusa a Pedro Sánchez de consentir o "acoso" que sofre a familia de Canet

Esíxelle a Pedro Sánchez que asegure o 25 % das clases en español

Reuniuse en Barcelona coas asociacións en defensa do bilingüismo

G24.gal 14/12/2021 14:41

No medio da polémica aberta polo caso da familia de Canet de Mar que gañou nos tribunais poder escolarizar o seu fillo un 25 por cento en castelán, o líder do PP reuniuse hoxe con asociacións en defensa do bilingüismo en Cataluña.

Cualificou Pablo Casado de escándalo a connivencia do Goberno de España cos nacionalistas ao permitir, dixo, que se ataque en Cataluña familias que pretenden educar os seus fillos en castelán.

Asegura o líder do PP que non se pode tolerar que se empregue un neno como instrumento de enxeñería social para separar os cidadáns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade