Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carrillo: "O obxectivo é conseguir 48 puntos para certificar a permanencia"

Carrillo: "O obxectivo é conseguir 48 puntos para certificar a permanencia"

Admitiu que o seu equipo está "ansioso" por xogar o partido ante o Eibar e lograr a primeira vitoria de 2023

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 17/02/2023 16:08 Última actualización 17/02/2023 16:14

O adestrador do Lugo, Joan Carrillo, admitiu que o seu equipo está "ansioso" por xogar o partido ante o Eibar e lograr a primeira vitoria de 2023, tras o 3-0 que levaron nas Palmas.

"Pasamos páxina ao partido das Palmas. Foi un pau duro para nós, corriximos erros esta semana nos adestramentos, o equipo é consciente da situación e é o momento en que ten que vir o partido porque estamos ansiosos por xogalo e sumar os tres puntos", comentou nunha rolda de prensa.

O preparador branco e vermello analizou a derrota que encaixou o seu equipo ante As Palmas a pasada fin de semana no seu segundo partido no banco lucense.

"Nos primeiros 30 minutos o equipo deu unha imaxe boa, Sebas tivo unha ocasión nos primeiros minutos e defensivamente contrarrestamos ben. A partir da media hora con balón caemos na trampa das Palmas, que é bo en presión tras perda, e aproveitáronse diso. Aí veu o primeiro gol e o segundo ao fío do descanso fainos dano", valorou.

Carrillo afirmou que o obxectivo é conseguir "48 puntos", que "se cadra poden ser menos", para certificar a permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar