Máis de 700 persoas marchan contra o cancro na cidade de Lugo
Máis de 700 persoas marchan contra o cancro na cidade de Lugo
Os cartos recadados no evento deportivo destinaranse á investigación para facer fronte á enfermidade
Malia a ponte festiva, máis de 700 persoas se inscribiron e participaron no evento deportivo solidario que se celebrou este sábado en Lugo, organizado pola Asociación Española Contra o Cancro da cidade.
Había tres formas de participar nela: cun dorsal solidario, para as persoas que non podían estar presentes fisicamente, cunha andaina pola muralla e cunha milla, unha proba deportiva subdividida por categorías. Moito onde elixir, e cada quen cos seus motivos para participar.
A andaina pola muralla consistiu nunha volta completa polo adarve, uns dous quilómetros. Fixéronos a boa marcha, e cando os da andaina chegaban ao punto de saída, comezou a milla.
O de menos era competir.
Os cartos recadados irán destinados á investigación para facer fronte á enfermidade.