Carmen PG Granxeiro: "Ante as realidades trans temos que mellorar a escoita e non polarizar o debate"
Carmen PG Granxeiro: "Ante as realidades trans temos que mellorar a escoita e non polarizar o debate"
Estranxeiras levou o II Premio literario Pinto e Maragota pola diversidade de xénero
A novela desenvólvese entre Berlín e unha aldea galega coa realidade trans como pano de fondo
Granxeiro filmou previamente o documental Persoas S.A. coa asociación de familias de menores trans Arelas
Unha moteira de sotaque estranxeiro chega a Santa Mariña de Augas Novas. Para no bar Amodo, e a súa vida, aínda non o sabe, vai pegar un cambio drástico, e a dos habitantes da aldea tamén. A coñecida documentalista Carmen PG Granxeiro escribe na novela Estranxeiras unha historia sobre as transicións de xénero, afectividades e modos de vida.