Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carmela Silva evita comparecer no Parlamento por quinto ano consecutivo

Carmela Silva evita comparecer no Parlamento por quinto ano consecutivo

A presidenta da Deputación de Pontevedra estaba convocada para explicar as contas da institución que dirixe, aínda que non é obrigatorio

O lugar baleiro que debía ocupar esta tarde a presidenta da Deputación de Pontevedra O lugar baleiro que debía ocupar esta tarde a presidenta da Deputación de Pontevedra
G24.gal 04/11/2021 19:01

A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista, Carmela Silva, estaba convocada polo Parlamento para explicar os orzamentos da institución que dirixe. Pero, por quinto ano consecutivo, decidiu non aparecer.

Os voceiros do PP e do BNG foron moi críticos cunha actitude que cualificaron de falta de respecto. Os presidentes das deputacións non teñen a obriga de comparecer, pero adoitan facelo por colaboración institucional e transparencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade