Carlos Domínguez asina co Celta unha ampliación do seu contrato ata xuño de 2026
O canteirán disputou xa sete partidos de Liga co primeiro equipo
O central zurdo do filial, Carlos Domínguez, asinou co Celta, “co club da miña vida”, unha ampliación do seu contrato ata xuño de 2026.
O canteirán mostrouse moi feliz por “cumprir un soño, levo desde pequeniño aquí xogando e estou moi contento”.
“Sempre soñas co momento de chegar ao primeiro equipo e teño moitas ganas de demostrar e axudar”, engadiu o central celeste, quen indicou ademais que “cando entrei no R. C. Celta sendo alevín chegas con ganas e entusiasmo, sempre soñas e ao final con traballo e constancia aí estamos”.
🗨️ ❝𝐿𝑙𝑒𝑣𝑜 𝑗𝑢𝑔𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑎𝑞𝑢𝑖́ 𝑑𝑒𝑠𝑑𝑒 𝑝𝑒𝑞𝑢𝑒𝑛̃𝑖𝑡𝑜 𝑦 𝑒𝑠𝑡𝑜𝑦 𝑚𝑢𝑦 𝑐𝑜𝑛𝑡𝑒𝑛𝑡𝑜❞
— RC Celta (@RCCelta) January 11, 2022
🎙️ Hablamos con @CarlosCelta8 después de su renovación hasta 2026
¡Un sueño cumplido para nuestro canterano! 😊#CarlosDomínguez2026 #RCCelta pic.twitter.com/KIvOVJ5iOv
O canteirán disputou xa sete partidos de Liga co primeiro equipo, algún inesquecible como a vitoria colleitada no Camp Nou a pasada campaña ou ante o Betis fai uns días, ademais doutros tres en Copa do Rei.
𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 🚨 Carlos Domínguez seguirá no "club da súa vida" ata 2⃣0⃣2⃣6⃣
— RC Celta (@RCCelta) January 11, 2022
Parabéns, @CarlosCelta8! ✍️💙 #CarlosDomínguez2026 #RCCelta