Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bachmann: "O Dépor, por historia e por xogadores, merece estar en Primeira División"

Bachmann: "O Dépor, por historia e por xogadores, merece estar en Primeira División"

O veterano gardameta, de 31 anos, di estar “listo” para xogar se así o desexa o técnico Antonio Hidalgo

G24.gal 20/08/2025 16:53 Última actualización 20/08/2025 18:19

O internacional austríaco Daniel Bachmann asegurou este mércores, durante a súa presentación como novo porteiro do R. C. Deportivo, que en canto o seu axente trasladoulle a oferta do conxunto branco e azul non o dubidou nin un segundo.

“A familia téñoa en Inglaterra, pero a pesar diso foi unha decisión bastante rápida. O Dépor é un gran club e recordo cando era mozo que era referente como un dos grandes clubs de Europa”, manifestou en rolda de prensa.

Bachmann ten claro que o Dépor “merece” estar en Primeira División “pola súa historia, pola súa infraestrutura e polo nome dos seus xogadores”, pero para lograr o salto de categoría avisa de que “necesitarán gañar moitos partidos”.

O veterano gardameta, de 31 anos, di estar “listo” para xogar se así o desexa o técnico Antonio Hidalgo, e definiuse como un porteiro ao que lle gusta “saír xogando desde atrás, dominar o xogo”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade