Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Carvalhal: "Sacamos un once moi ofensivo. Corremos riscos, pero saíu ben"

Carlos Carvalhal: "Sacamos un once moi ofensivo. Corremos riscos, pero saíu ben"

O técnico do R. C. Celta atendeu o Galicia en goles na zona mixta do Benito Villamarín

G24.gal 05/02/2023 10:33 Última actualización 05/02/2023 10:50

Tras un partido de tolos, con alternancia no marcador, goles de innegable beleza, polémica arbitral, tensión entre xogadores e máis de dez minutos de prolongación, o conxunto vigués puido festexar o segundo triunfo consecutivo e tres puntos de ouro na loita pola permanencia na 1.ª división. 

O único medio desprazado á capital andaluza foi a Radio Galega, que puido conversar co técnico dos celestes Carlos Carvalhal minutos despois do paso deste pola sala de prensa. O adestrador analizou o encontro e a situación da portería tras a lesión de Marchesín.

"A vitoria é para Marchesin. Nós cando comezamos a xogar fútbol profesional, encántannos estes partidos, estes ambientes, e temos que desfrutar deles. Hoxe fixémolo. Sacamos un once para gañar, con moitos dianteiros. Por iso corremos riscos e encaixamos tres goles. Había moito tempo que o Celta non remontaba e iso amosa as gañas e a motivación dos xogadores".

En canto ás novidades de cara á incorporación dun novo porteiro tras a lesión grave do arxentino Marchesín, Carvalhal foi cauto e aproveitou para reforzar a confianza en Iván Villar.

"Iso está en mans de Luís Campos. Non sei nada. Agora hai que dar confianza a Iván. Será titular ante o Atlético porque hoxe estivo moi ben e é a situación na que nos manexamos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade