Carlos Carvalhal: "Non se pode pasar da euforia á depresión"
O técnico admite que tivo unha charla con Gabri Veiga e agarda que el e mais Aspas recuperen o seu mellor nivel
O fútbol é resultados e agora mesmo o Celta pasa por un bache. Carvalhal tenta poñer sentidiño e falou na previa do partido contra o Elxe: "Non se pode pasar da euforia por xogar en Europa á depresión polo descenso, hai que ter un equilibrio".
Carvalhal está convencido de recuperar para este partido a mellor versión de Gabri Veiga e Iago Aspas, que nos últimos encontros están pasando por un bache de xogo.
O caso de Gabri centrou o seu traballo psicolóxico durante a semana. "Falei con Gabri e amoseille o camiño, porque é un bo rapaz cunha boa cabeza. Díxenlle o que tiña que facer, e contra o Elxe vai volver a ser Gabri, non teño dúbidas", asegurou Carvahal.