O Celta agarda confirmar a melloría en Cornellá e sumar a quinta xornada invicto
Aspas está ao cen por cento e volven Renato Tapia e Hugo Mallo
O Celta xoga co Español e Carlos Carvalhal un partido no que agarda confirmar a melloría de resultados. Nos tres últimos partidos non recibiu ningún gol, e nos últimos catro permanece invicto. Só perdeu hai cinco xornadas contra o Atlético, e fíxoo nun partido no que mereceu moito máis.
O técnico portugués non vai correr riscos co Mingueza. Aspas está ao cen por cento e volven Renato Tapia e Hugo Mallo:
Falou sobre o equipo catalán:
"Eles son un equipo interesante e ben organizado, con moi bos xogadores de mediocampo cara adiante. Necesitamos estar ao noso mellor nivel para puntuar"
Avaliou a evidente mellora do seu equipo:
"Chegamos a un punto de consistencia defensiva, ofensiva, de resultados e de abordar moitos fallos que cometiamos. Estamos satisfeitos pero hai un proceso para seguir mellorando, sempre se pode. A liga é moi longa e hai que estar sempre desconfiados".
Para frear a euforia teno claro:
"Mostrar os erros que cometemos no último partido e reforzar o que fixemos ben. O meu corpo técnico e eu somos persoas equilibradas. Os xogadores non nos ven botar as mans á cabeza, nin tampouco saltar"