Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Canal loce con fachenda a súa condición de corredor dun equipo 'Pro Tour'

Carlos Canal loce con fachenda a súa condición de corredor dun equipo 'Pro Tour'

O Movistar agarda que sexa unha peza destacada nas grandes clásicas do calendario de primavera

G24.gal 01/01/2024 22:08

Era un segredo a voces, pero non por máis coñecido menos importante. Agora xa podemos ver a Carlos Canal co maillot do Movistar Team, na elite do pelotón mundial.

Canal xa adestra dende hai días co quinto equipo do mundo por orzamento e entra nun exclusivo club ao que poucos ciclistas poden chegar. Movistar reserva para el un rol de clasicómano que o vai levar a competir en 'monumentos' do ciclismo mundial; probas míticas de resonancias épicas como París-Roubaix, Flandes, Milán-San Remo ou Liexa-Bastogne-Liexa.

Cun perfil de corredor explosivo, deses que deciden as carreiras e suman puntos en esforzos curtos de un ou de cinco minutos, o de Xinzo tampouco se mira fóra doutros labores en carreiras por etapas como o Gran Camiño, onde xa ten confirmada a súa presenza. Ou por que non nunha das grandes?

Toda a tempada vai ser un enorme reto para o ciclista limiao, pero se algo queda garantido dende este primeiro día do ano é que no pelotón mundial hai un galego que non vai desaproveitar nin a mais mínima oportunidade para deixarse ver e dar que falar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar