Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz, minguado fisicamente, cae ante Djokovic na semifinal de Roland Garros

Carlos Alcaraz, minguado fisicamente, cae ante Djokovic na semifinal de Roland Garros

O murciano perdeu por 6-5, 5-7, 6-1 e 6-1 en 3 horas e 22 minutos

Foto EFE
G24.gal 09/06/2023 18:24 Última actualización 09/06/2023 18:44

O serbio Novak Djokovic, número 3 do mundo, converteuse no primeiro finalista de Roland Garros tras vencer ao español Carlos Alcaraz, número 1, que despois de gañar o segundo set sufriu un problema físico que lle impediu manter o alto ritmo competitivo do duelo.

O murciano perdeu por 6-5, 5-7, 6-1 e 6-1 en 3 horas e 22 minutos. Será a sétima final do serbio na terra batida parisiense, en busca da súa terceira coroa para completar 23 Grand Slam, e medirase contra o gañador do duelo entre o noruegués Casper Ruud e o alemán Alexander Zverev, quen precisamente se retirou o ano pasado en semifinais contra Rafael Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade