Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esther Estévez, Paco Lodeiro e Rodrigo Vázquez, entre os finalistas a mellor comunicador nos Mestre Mateo

Esther Estévez, Paco Lodeiro e Rodrigo Vázquez, entre os finalistas a mellor comunicador nos Mestre Mateo

O programa de lingua galega presentado por Esther Estévez, #DígochoEu, quedou finalista na categoría de mellor programa de televisión

Clac tamén se postula como mellor programa

Cuñados suma 16 candidaturas por 11 de MAlencolía e Jacinto

G24.gal 10/02/2022 09:48

A edición número 20 dos Mestre Mateo ten Cuñados como produción dominadora, grazas ás 16 candidaturas obtidas polo filme de Toño López. Tras el, Malencolía e Jacinto suman 11 propostas cada unha.

Na categoría de programa de televisón, tanto Digocho eu coma Clac terán a Cos pés na terra e Cinephilia como adversarios.

E en mellor comunicador optan ao premio Esther Estévez, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez e Simone Saibene.

Nas series, tres propostas de Televisión de Galicia: A lei de SantosMétodo criminal Auga Seca, fronte a Hierro.

Nesta edición participaron 162 obras estreadas en 2021, un 11 % máis ca o ano pasado. As obras presentadas son dezanove anuncios publicitarios, 29 curtametraxes, 28 documentais, oito longametraxes, 32 programas de TV, cinco series de TV, catorce series web e 27 videoclips.

Nas categorías profesionais presentáronse 475 candidaturas; delas, 292, o 60 %, corresponderon a homes e 183, un 40 %, a mulleres.

A gala será o 19 de marzo na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade