Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cancelan de novo o Entroido Ribeirao de Chantada

Cancelan de novo o Entroido Ribeirao de Chantada

Os organizadores tomaron esta decisión debido á situación actual da pandemia

Non se sabe aínda se ha baixar este ano o Oso de Salcedo

Félix Aragunde 14/01/2022 13:59

O Entroido Ribeirao de Chantada tampouco se vai celebrar neste 2022. Debido á situación actual da pandemia, os organizadores tomaron esta decisión. Haberá que agardar ata 2023 para poder ver de novo os coloridos volantes, os mecos e os maragatos desfilar por Santiago de Arriba. 

Marisé Rey, Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba: "Sería unha barbaridade, ao noso entender, telo. Nós temos hoxe Entroido grazas aos veciños, que foron os que o coidaron, e os veciños son xente maior e non están polo labor de ver aquí moita xente".

Á hora de tomaren esta decisión, os organizadores tiveron en conta as características especiais desta festa, á que acode moita xente de fóra. Ao non celebrarse nun recinto pechado, non se poderían tomar medidas de prevención coma os controis de ocupación.

Marisé Rey, Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba: "Aquí as medidas non se poderían cumprir. Nós facemos o entroido en sitio aberto, polo que non se lle pode dicir a ninguén que non pode estar aí, estea ou non estea vacinado. Iso sería inviable". 

Outro Entroido tradicional da Ribeira Sacra é o do Oso de Salcedo, na Pobra do Brollón. Neste caso, aínda está pendente de que os seus organizadores decidan se se celebra ou non a festa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos