Cargando resultados...
Cambrils lembra as vítimas do atentado de 2017 e pide "que remate o odio"
Ocorrido horas despois do de Barcelona, en Cambrils morreu unha muller e outras cinco quedaron feridas
Globos brancos para pedir que rematen as guerras e os atentados
G24.gal
18/08/2022 12:34
A vila de Cambrils, en Tarragona, homenaxeou este xoves as vítimas do atentado xihadista de 2017.
Cun minuto de silencio e unha ofrenda floral, os asistentes pediron que non se repitan ataques como o de hai cinco anos.
Perpetrado horas despois do de Barcelona, no de Cambrils morreu unha muller e outras cinco persoas sufriron feridas.
O alcalde da localidade suliñou que con este tipo de actos queren axudar a previr o odio.