Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente Sánchez vese con forza e tranquilidade para rematar a lexislatura

O presidente Sánchez vese con forza e tranquilidade para rematar a lexislatura

Anuncia novas reformas para recuperar a confianza despois do caso Koldo

G24.gal 24/07/2025 15:59

Segue o debate político sobre o futuro da lexislatura. O presidente do Goberno di que está forte e coas pilas cargadas para dous anos máis. Os socios recórdanlle que non se trata de "aguantar", senón que gobernar debe servir para algo. E no PP vense cada vez máis preto da Moncloa.

Sánchez falou cos xornalistas que cubriron a súa viaxe á América Latina para dicirlles que se ve con forza e tranquilidade para rematar a lexislatura.

Cre que xa pasou o peor do caso Koldo e aspira a recuperar a confianza perdida con novas reformas. Todo o Goberno insiste niso: din que seguirán a pesar do ruído e aínda que non teñan novos presupostos.  

Entre os socios hai menos optimismo.

E no PP din que o honrado sería convocar eleccións e que decida a cidadanía.

O luns teremos máis balance do curso político, con comparecencia de Sánchez na Moncloa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade