Publicador de contidos

Publicador de contidos

Illa lamenta que o PP pida multilateralidade no financiamento e non vaia á reunión sobre migración

Illa lamenta que o PP pida multilateralidade no financiamento e non vaia á reunión sobre migración

"Un pouco de coherencia", reclama o president da Generalitat

Salvador Illa matiza que a bilateralidade non exclúe os foros multilaterais

 

O presidente da Generalitat de Cataluña Salvador Illa participa nun almorzo organizado polo grupo Prensa Ibérica este venres en Vigo (EFE / Salvador Sas)
G24.gal 18/07/2025 11:57

O presidente da Generalitat de Cataluña Salvador Illa lamentou que o PP pida multilateralidade na negociación do financiamento autonómico pero non acuda á reunión convocada polo Goberno para a repartición de menores estranxeiros non acompañados.

Así o sinalou durante a súa intervención nun almorzo informativo organizado en Vigo por Prensa Ibérica, onde criticou que os populares vaian pedindo multilateralidade pero marchan das mesas.

"Home, un pouco de coherencia, non?", sinalou o presidente catalán cando foi preguntado polas críticas de diversos líderes autonómicos, tamén socialistas, que non ven con bos ollos que o financiamento autonómico se negocie entre o Goberno e Cataluña de forma bilateral.

Illa argumenta que sempre se fixo así e insiste en que a bilateralidade non exclúe os foros multilaterais.

O modelo de financiamento debe ser revisado e actualizado, di Illa

O presidente da Generalitat dixo que o modelo actual non responde ás necesidades reais de España, polo que debe ser revisado e actualizado.

Ao seu xuízo, a proposta catalá beneficia a todas as comunidades autónomas e non prexudica a ninguén.

Salvador Illa subliña que o financiamento é unha ferramenta de xustiza social para garantir o Estado de benestar, e Cataluña é solidaria co resto de cidadáns españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade