Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cambia o tempo: a semana que vén caen drasticamente as temperaturas a chega a chuvia

Cambia o tempo: a semana que vén caen drasticamente as temperaturas a chega a chuvia

As máximas non pasarán dos 20 ou 21 graos en boa parte de Galicia

Meteogalicia prevé que chova a partir do domingo ou o luns

O descenso térmico vai ser drástico
G24.gal 11/08/2022 14:52

A previsión meteorolóxica anuncia que mañá e o sábado van persistir as néboas na costa e temperaturas altas no interior, pero non tanto coma nos últimos días. A calor empeza a remitir.

"Este descenso será progresivo, sobre todo a partir do domingo, cando entre unha masa de aire máis húmida procedente do Atlántico", di Alberto Romero, meteorólogo de Meteogalicia.

A partir da semana que ven, as temperaturas van baixar moito máis, segundo as previsións de Meteogalicia.

"Baixada drástica das temperaturas. Estaremos nalgunhas zonas como o Ribeiro, Ourense, Verín, Valdeorras ou a zona de Lemos a 30 ou 31 graos, pero no resto estaremos entre os 18 e os 20 ou 21 graos. Polo tanto hai unha baixada considerable e extraordinaria con respecto ao rexistrado practicamente na maior parte deste verán", anuncia Romero.

Unha borrasca procedente de Irlanda traerá tamén chuvia a vindeira semana.  

"Deixará precipitacións de leste a oeste en toda Galicia o martes 16. Polo tanto a día de hoxe si que estamos vendo chuvia máis persistente, contundente, non chuvia de treboada, chuvia atlántica", explica o meteorólogo.

Para a segunda quincena deste mes de agosto non se prevén novas vagas de calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade