Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cribados de cancro de colon mudan a metodoloxía para aumentar a participación

Os cribados de cancro de colon mudan a metodoloxía para aumentar a participación

En lugar dunha invitación, os usuarios recibirán na súa casa directamente un kit para realizar o test

Desde que comezaron, en 2013, estes programas detectaron máis de 2.000 casos de pacientes con pólipos malignos

G24.gal 20/12/2022 12:51

O Sergas xa comezou a enviar ao domicilio dalgúns usuarios o kit co test para participar no cribado do cancro colorrectal. Calculan que así poderán incrementar a participación en máis de 12.000 persoas e que isto podería contribuír a detectar de xeito precoz 50 cancros ao ano máis.

Grazas a estes programas de detección precoz, dous de cada tres casos de cancro colorrectal son detectados en estadios moi iniciais, o que resulta moi importante para a eficacia dos tratamentos.

"O obxectivo principal do cribado de calquera cancro é adiantarse, detectalo nos estadios máis precoces posibles para que a evolución sexa boa e teña unha elevada supervivencia", explica Carmen Durán Parrondo, directora xeral de Saúde Pública.

Ata agora aos posibles participantes enviábaselles unha invitación a participar, pero agora recibirán nos seus domicilios, directamente, o kit para a toma de mostras do test que entregarán despois no centro de saúde.

"Un dos principais problemas que hai a nivel mundial cos cribados de cancro colorrectal é que a participación non é tan alta como por exemplo, no cribado de cancro de mama. O que facemos en Galicia é probar novas metodoloxías para incrementar esta porcentaxe de participación", dixo Durán Parrondo.

Os resultados da pilotaxe, que se presentaron este martes, demostran que co envío directo do kit a participación aumenta 6 puntos.

Durante a presentación, os responsables do Sergas explicaron tamén que se vai comezar a empregar intelixencia artificial para o diagnóstico e que as ferramentas de convocatoria dixital vanse estender aos cribados de cancro de colo do útero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade