Cargando resultados...
Calvos de Randín rexistra a temperatura máis baixa no que vai de ano: -10 baixo cero
G24.gal
31/01/2023 14:53
Galicia espertou con xeadas xeneralizadas en boa parte da comunidade, especialmente na provincia de Ourense.
A primeira hora da mañá rexistrábase en Calvos de Randín a temperatura máis baixa do que levamos de ano: dez graos baixo cero.
Xélida foi tamén a madrugada e as primeiras horas do día en Xinzo ou Baltar con -8 graos negativos.
É a tónica xeral na provincia de Ourense dende hai días, pero é que esta madrugada tamén foi moito frío en zonas onde non é habitual, nos cero graos quedaron en Foz ou Boiro, e un grao houbo en Narón ou Vilagarcía de Arousa, por exemplo.
Loce o sol, pero a sensación de frío segue a ser intensa ata as horas centrais do día.