Cal é a diferenza da norma dos sub-23 entre a Liga e a Copa?
A competición ligueira fai unha excepción no regulamento coa posición de porteiro e permite aliñar sub-25 no caso dun equipo vinculado
A Copa, ao ser competición non profesional, non considera esa excepción
Serán días de recursos e xulgados. Pero a norma está clara. No artigo 250, o Regulamento Xeral da RFEF establece o seguinte:
"Tratándose de futbolistas coa condición de porteiro, e unicamente nas competicións profesionais, poderán ser aliñados no primeiro equipo do patrocinador sempre que sexan menores de 25 anos, con independencia de que a súa licencia sexa profesional ou non profesional".
Tratándose dun xogador con 24 anos e coa condición de porteiro que provén dun equipo filial, non se atoparía aliñado de xeito correcto por ser maior de 23 anos porque a Copa é unha competición de carácter non profesional. Polo tanto, nesta competición non opera a excepcionalidade de poder xogar cun porteiro coa condición de menor de 24 anos.
O Granada tentará defendense alegando que o Recreativo Granada, equipo a que pertence o porteiro Adri López, non é equipo filial. A condición é a de equipo dependente e por aí intentarán argallar o recurso que impida a súa eliminación da Copa do Rei.