Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae unha rede de estafa a través da banca electrónica e de duplicado de tarxetas

Cae unha rede de estafa a través da banca electrónica e de duplicado de tarxetas

A Policía Nacional identificou os autores da fraude tras a denuncia dun veciño ao que lle estafaran 10.000 euros

Foi vítima da fraude coñecida como SIM Swapping que consta de dúas fases

A operación foi levada pola comisaría de Vilagarcía de Arousa

G24.gal 07/12/2021 19:33

Cae unha rede adicada a estafar a través da banca electrónica e de duplicados da tarxeta do móbil. A Policía Nacional conseguiu identificar os autores da fraude tras a denuncia dun veciño ao que lle estafaran 10.000 euros.

Este home acudiu á policía despois de ter problemas coa súa liña telefónica e comprobrar que tiña dous cargos na súa conta que sumaban dez mil euros. Foi vítima da fraude coñecida como SIM Swapping e que consta de dúas fases.

Unha primeira en que os estafadores envían correos electrónicos facéndose pasar por entidades bancarias. Os delicuentes conseguen as claves da banca electrónica, porque o cliente facilítaas pensando que é o seu banco.

Pero agora para facer calquera operación por Internet non chega coas claves da banca electrónica, é necesario un código que o banco envía ao teléfono móbil.

Neste momento, onde entra a segunda fase da fraude. Os estafadores duplican a tarxeta SIM do móbil, e asi poden baleirar as contas bancarias. O axentes desta comisaría conseguiron localizar a tenda onde lle fixeron o duplicado da tarxeta SIM en Vigo e tamén identificou o resto de implicados nesta fraude.

A Policía destaca os diferentes niveis desta organización criminal con roles ben diferenciados entre os integrantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade