Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae unha rede de 38 empresas que defraudou tres millóns de euros á Seguridade Social

Cae unha rede de 38 empresas que defraudou tres millóns de euros á Seguridade Social

Foron detidas doce persoas e estase investigando outras nove

A banda foi desarticula en Sevilla, León, Madrid e Murcia e tiña conexións en Lugo, Granada, Xirona, Valencia e Bilbao

G24.gal 18/03/2026 11:36

A Policía Nacional desmantelou unha rede de 38 empresas implicadas nunha presunta fraude de tres millóns de euros á Seguridade Social. Foron detidas doce persoas e estase investigando a outras nove.

A operación levouse a cabo nas provincias de Sevilla, León, Madrid e Murcia, aínda que os axentes comprobaron que a banda tiña conexións en Lugo, Granada, Xirona, Valencia e Bilbao. Hai doce persoas detidas e investíganse outras nove.

Un complexo entramado empresarial para ocultar cartos

As pescudas comezaron en 2022, tras a descapitalización fraudulenta dunha empresa de seguridade privada. A Policía conseguiu destapar un grupo criminal que empregaba unha complexa rede de empresas e homes de palla para canalizar a fraude, eludir o pago de cotizacións á Seguridade Social e dificultar as actuacións da Administración.

O dispositivo policial desenvolveuse en varias provincias españolas e culminou coa detención de 12 persoas e a investigación doutras nove por delitos contra a Seguridade Social, branqueo de capitais, frustración da execución e pertenza a grupo criminal.

Os axentes lograron determinar a participación dos implicados en, polo menos, 38 sociedades que serían utilizadas para xestionar operacións irregulares e ocultar movementos de diñeiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade