Cargando resultados...
Cae unha banda acusada de máis dun cento de roubos
Nos rexistros, os axentes interviñeron material de telecomunicacións e informático, ferramentas utilizadas nos roubos, dúas armas e máis de 300 plantas de marihuana

G24.gal
17/07/2024 12:25
A Garda Civil e a Policía Nacional desmantelaron unha banda á que se lle atribúen máis de cen roubos con forza en establecementos comerciais de Andalucía e Estremadura. Durante a redada, foron detidos oito membros do grupo acusados dos delitos de roubo con forza, roubo de vehículo de motor, falsidade documental e tenza ilícita de armas.
Nos rexistros efectuados, os axentes interviñeron material de telecomunicacións e informático, ferramentas utilizadas nos roubos, dúas armas e máis de 300 plantas de marihuana.