Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabo Ortegal, declarado xeoparque da Unesco

Cabo Ortegal, declarado xeoparque da Unesco

É, despois do do Courel, a segunda reserva de patrimonio xeolóxico de Galicia que recoñece a organización das Nacións Unidas

G24.gal 24/05/2023 16:24

O cabo Ortegal foi integrado este mércores na rede de xeoparques da Unesco, o que eleva a 16 o número destas reservas especiais de patrimonio xeolóxico en España. Este lugar da provincia da Coruña constitúe "unha viaxe ao interior do planeta para descubrir rocas que emerxeron das profundidades da Terra fai 400 millóns de anos", indicou nun comunicado a organización da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

A designación deste novo xeoparque foi decidida polo Consello Executivo da Unesco xunto a outros 17 lugares que elevan a 195, repartidos de 48 países, a lista creada en 2015 para recoñecer o patrimonio xeolóxico de importancia internacional. Unha superficie total de máis de 486.000 quilómetros cadrados, dúas veces a do Reino Unido, están na súa rede de xeoparques.

No caso do cabo Ortegal, a Unesco lembrou que ofrece "algúns dos testemuños máis completos de Europa da colisión que orixinou Panxea, un proceso coñecido como oroxénese varisca". "A maioría das rocas deste xeoparque saíron á superficie pola colisión de dous continentes, Laurasia e Gondwana, que acabarían uníndose ao supercontinente Panxea fai uns 350 millóns de anos", agregou.

O cabo Ortegal ingresa na lista da Unesco xunto a dous lugares brasileiros, catro indonesios, un grego, dous iranianos, un xaponés, un malasio, un noruegués, un surcoreano, un tailandés e un británico, ademais dun de Nova Zelandia e outro das Filipinas, países que entran por vez primeira nesa clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar