Cargando resultados...
Teodoro, agricultor afeccionado, cultiva cabazas de máis de 80 quilos
O reto para o ano é conseguir as cabazas aínda máis grandes
G24.gal
01/09/2022 18:37
Teodoro ten 77 anos e traballou toda a vida de mecánico ata que se xubilou. Daquela aburríase con tanto tempo libre e deulle por afeccionarse á agricultura.
Dende que empezou a vida de agricultor en Lugo, sempre se lle deron ben as hortalizas. Pero o que pasou este ano coas cabazas non ten precedente.
Chancea dicindo que o problema o ten agora para cargar estas cabazas e desocupar a leira. Pero a Teodoro dánselle ben todas as hortalizas.
O reto para o ano é conseguir as cabazas aínda máis grandes. Para iso vai quedar coas sementes da máis grande desta colleita.