Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caballero anuncia que a apagada das luces en Vigo será o domingo 11 de xaneiro

Caballero anuncia que a apagada das luces en Vigo será o domingo 11 de xaneiro

Unha vez apagadas, levarían ilumando a cidade uns dous meses enteiros 

O alcalde de Vigo aínda non confirmou hora exacta, e prognostica para esta fin de semana niveis de ocupación estratosféricos 

Vista aérea de Vigo coa iluminación acendida Vista aérea de Vigo coa iluminación acendida
G24.gal 02/01/2026 15:55

As luces do Nadal de Vigo apagaranse definitivamente o domingo, 11 de xaneiro, segundo anunciou este venres o alcalde, Abel Caballero, quen de momento non desvelou a hora en que sucederá.

Así pois, unha vez que se apaguen, as luces de Vigo, que se acenderon o pasado 15 de novembro, estarían acendidas practicamente dous meses enteiros.

Caballero, nun audio remitido aos medios de comunicación, prognosticou para esta fin de semana, de novo, niveis de ocupación "estratosféricos", comezando polos deste venres, que rozarán o 90 por cento.

"Estes son niveis de ocupación estratosféricos, porque se nos fósemos 10 anos atrás, o nivel de ocupación neste venres 2, o sábado 3 e o domingo 4 sería do 10 %", dixo.

Segundo o alcalde, o Nadal "cheo de felicidade, de emprego, de ocupación, de crecemento económico e, por tanto, dun clima social marabilloso" á cidade de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade