Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cabalgatas estáticas e sen badaladas nas rúas pola covid

Cabalgatas estáticas e sen badaladas nas rúas pola covid

A Coruña desmárcase da recomendación da Xunta para o día 5

Antón Montero 29/12/2021 19:00

Pasadomañá non se van poder comer as uvas na praza do Obradoiro ou na viguesa praza de América. Dúas das habituais aglomeracións da Noitevella cancélanse ante o incremento de contaxios.

A Xunta recomenda tamén que as cabalgatas de reis sexan estáticas para evitar aglomeracións, sobre todo nas cidades. Na Coruña cre que non moverse é peor, e aínda que con medidas preventivas, optan polo desfile.

A súa alcaldesa, Inés Rey, explica que será "unha cabalgata que terá un percorrido de tres quilómetros, que vai evitar aglomeracións que se formarían de facela estática, e na que apelamos á responsabilidade e o sentido común que aplicaron os coruñeses".

En Pontevedra, durante o día 5, as carrozas estarán paradas no paseo de Montero Ríos: non desaparecen os caramelos, pero este ano os Reis vanos dar en man.

En Santiago, a cabalgata converterase nunha recepción real no parque de Bonaval "sempre marcada pola prudencia e pola prioridade da saúde dos nosos concidadáns", explica o rexedor, Xosé Sánchez Bugallo.

Cambados, Betanzos e outros concellos tamén anularon os desfiles reais. Mantéñense a maioría das carreiras de San Silvestre, permitidas con máscara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos