C. Tangana será o encargado de compoñer o himno do Centenario do Celta
C. Tangana será o encargado de compoñer o himno do Centenario do Celta
Así o confirma o club vigués cunha gran lona despregada no centro da cidade
Desvélase o secreto mellor gardado para o Centenario do Celta. Unha gran lona despregada nun edificio próximo ao Farol de Príncipe, na rúa Colón, colga hoxe coa imaxe dun chío de C. Tangana cunha frase: "Podo tentalo?".
Así confirma o club vigués que O Madrileño será o encargado de compoñer o himno do Centenario.
Rapero, cantante e compositor, Antón Álvarez (Madrid, 1992) nunca escondeu o seu agarimo polo club vigués, do que tamén é afeccionado o seu pai, orixinario da cidade galega.
O pasado ano, C. Tangana ofreceuse á directiva que preside Carlos Mouriño para compoñer o himno do centenario, que se cumpre en agosto, e esta mañá o club confirmouno cunha enorme lona colgada dun céntrico edificio.
💙 Dálle, Pucho!! pic.twitter.com/Lxy1c5dHDp
— RC Celta (@RCCelta) March 15, 2023