Publicador de contidos
Publicador de contidos

Búscase un octoxenario desaparecido dende o pasado luns en Vigo

Búscase un octoxenario desaparecido dende o pasado luns en Vigo

As Forzas e Corpos de Seguridade buscan a Ignacio Barrio, de 85 anos, desde que saíu da Residencia da nosa Señora da Guía o día 28 de outubro

@SOSDesaparecidos @SOSDesaparecidos
G24.gal 30/10/2024 13:11

As Forzas e Corpos de Seguridade buscan en Vigo un octoxenario ao que se lle perdeu a pista o pasado luns 28 de outubro.

Segundo SOS 🆘 DESAPARECIDO 🟠 Persona Vulnerable #sosdesaparecidos #Desaparecido #Missing #España #Vigo #Pontevedra

pic.twitter.com/PNs2mXiiNL

— ALERTA DESAPARECIDOS (@sosdesaparecido) October 30, 2024

Ignacio Barrio, de 85 anos, atópase desaparecido desde que saíu da Residencia da nosa Señora da Guía. O home mide entre 1,65 e 1,70 metros de estatura, é de complexión normal, ten o pelo cano e calvicie parcial.

A Policía Nacional confirmou que as unidades de Policía Xudicial e Seguridade Cidadá están a investigar esta desaparición. Habilitáronse os teléfonos 649 952 957 e 644 712 806, ademais dos da Policía, para quen teña noticias do seu paradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade