Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un vigués que falta do seu domicilio desde o sábado

Buscan un vigués que falta do seu domicilio desde o sábado

O desaparecido mide metro sesenta e cinco, é de complexión delgada, ten o pelo negro, ollos castaños e leva barba

G24.gal 02/05/2023 11:00

José Miguel Fernández Roldán falta da casa dende o sábado. O seu teléfono móbil permanece apagado e a súa familia non consegue localizalo. Xa presentaron denuncia na Policía Nacional, e a asociación SOS Desaparecidos publicou a súa fotografía por se alguén pode achegar pistas do seu paradoiro.

Mide un metro sesenta e cinco, é de complexión delgada, ten o pelo negro, ollos castaños e leva barba. Os seus achegados búscano polos lugares que frecuenta dende Teis a Chapela, en Redondela, pero polo momento sen éxito. 

Facilitáronse dous números de teléfono para axudar na súa localización: 649 952 957 e 617 126 909.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade