Cargando resultados...
Buscan un home desaparecido na Coruña
A familia de Manuel Veiga pide axuda para atopalo canto antes
G24.gal
16/11/2022 14:50
Amigos e familiares de Manuel Veiga andan desesperadamente á súa procura. O luns pasado, como cada tarde, saíu da súa casa do barrio do Ventorrillo para dar un paseo, pero xa non regresou. E ao caer a noite, os seus comezaron a buscalo.
No momento da súa desaparición vestía unha chaqueta azul mariño, pantalón beixe escuro e unha gorra tipo boina. Ten 74 anos, é de complexión delgada e mide arredor dun metro setenta.
Os seus piden axuda para poder localizalo canto antes.