Cargando resultados...
Localizado o home de 88 anos desaparecido en Ourense dende o xoves
A propia familia foi a que topou o octoxenario en perfecto estado de saúde

G24.gal
03/12/2022 09:54
Última actualización 03/12/2022 12:38
José Roberto López Sas, de 88 anos, desaparecera en Ourense o pasado xoves, 1 de decembro. Dende entón, a familia andaba a súa procura e este sábado conseguiu localizalo san e salvo.
A parentela quería dar co seu paradoiro canto antes, preocupada pola friaxe dos últimos días, que nalgúns momentos deixaron temperaturas por baixo dos cero graos.