Publicador de contidos

Aparece con vida o octoxenario desaparecido en Boiro dende o venres

Aparece con vida o octoxenario desaparecido en Boiro dende o venres

O home estaba a menos dun quilómetro da súa casa

G24.gal 06/11/2021 17:25

Aparece con vida, a menos dun quilómetro da súa casa, o home de 84 anos desaparecido en Boiro dende a tarde do venres. Un veciño localizouno no lugar de Triñáns, na parroquia de Abanqueiro, onde se lle perdera a pista.

Estaba a vinte metros dunha pista, tirado no chan e moi fatigado. Os servizos sanitarios trasladárono para lle facer unha revisión médica. 

No operativo de busca participaron desde esta mañá efectivos da Axencia Galega de Emerxencias, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, ademais de familiares e veciños. O rastrexo centrouse nos camiños forestais que adoitaba percorrer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar