Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperan os corpos sen vida dos dous ocupantes da avioneta que caeu ao mar en Mallorca

Recuperan os corpos sen vida dos dous ocupantes da avioneta que caeu ao mar en Mallorca

Os ocupantes son un home de 60 anos de nacionalidade norteamericana e o seu fillo

Os restos do aparello apareceron o sábado pola noite fronte ao porto de Sóller

G24.gal 03/08/2025 11:56 Última actualización 03/08/2025 17:00

Axentes do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil recuperaron esta mañá os corpos sen vida do piloto e o seu fillo que o acompañaba na avioneta que caeu este sábado ao mar, en augas cunha profundidade duns 30 metros, fronte ao faro de Sóller, ao norte de Mallorca.

O rescate de ambos corpos levouse a cabo aproximadamente sobre as 13:00 horas por parte dos GEAS, dentro do operativo de procura conformado entre Emerxencias, Salvamento Marítimo, a Armada, o Exercito do Aire e a Garda Civil, informou o instituto armado nun comunicado.

Os corpos sen vida do piloto e do seu fillo foron trasladados ao porto de Sóller.

A avioneta acrobática bipraza caeu ao mar este sábado, sobre as 20:00, fronte ao faro de Port de Sóller, a uns 100 metros da liña de costa. Despegara do aeródromo de Binissalem sobre as 18:00 horas. 

Esta mañá a televisión pública de Baleares publicaba que xa se coñece a identidade dos ocupantes; é un de 60 anos de nacionalidade norteamericana e o seu fillo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade