Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan en Pontevedra un piragüista desaparecido no río Lérez

Buscan en Pontevedra un piragüista desaparecido no río Lérez

O desaparecido é José Manuel Penas, de 49 anos, irmán da piragüista olímpica Ana Penas

Un particular advertiu a Emerxencias de que vira unha piragua envorcada, pero non había rastro do seu ocupante, que caera á auga

G24.gal 28/10/2022 12:57 Última actualización 28/10/2022 14:59

Os servizos de emerxencia buscan un piragüista en augas do río Lérez, en Pontevedra, desaparecido esta mañá mentres practicaba este deporte. Trátase de José Manuel Penas Balchada, de 49 anos, irmán da piragüista olímpica Ana Penas. 

Segundo confirman desde o 112 Galicia, foi un particular quen alertou de que vira unha piragua envorcada entre a ponte das Correntes e a do Burgo, pero que o piragüista caera á auga e non saía. Eran as 12:15, e só cinco minutos máis tarde xa estaba activado o dispositivo.

Foron mobilizados a Garda Civil, Protección Civil, os bombeiros de Pontevedra e Salvamento Marítimo. Ata o lugar tamén se desprazou o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, que segue desde unha das beiras do río a evolución da busca.

O desaparecido pertence ao Club Naval de Pontevedra, e varios dos seus membros tamén están a participar no dispositivo de busca.

Eses traballos estanse vendo dificultados pola intensa choiva que está a caer sobre Pontevedra, que fan que a auga do río baixe turbia. Ademais nestes momentos a marea está subindo e vaino facer ata case as sete da tarde, polo que a próxima baixa vai ser xa de noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade