Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o mozo que roubou nun asador de Beade, en Vigo

Buscan o mozo que roubou nun asador de Beade, en Vigo

Foi gravado cando rebentaba a máquina recreativa cunha pata de cabra

Os danos superan os oito mil euros, entre os estragos e o botín

G24.gal 22/02/2024 13:36

Máis de oito mil euros entre estragos e botín é o balance dun roubo cometido nun asador de Beade en Vigo nas proximidades do Hospital Álvaro Cunqueiro.

As cámaras de seguridade gravaron o mozo que abriu e desvalixou a máquina recreativa con caixa de seguridade en tempo récord. Os responsables do local confían en que alguén recoñeza o autor.

Tres veces nun ano roubaron no asador Celtia de Beade, próximo ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Agora confían en que alguén recoñeza o autor do último roubo que entrou por unha fiestra e cunha pata de cabra rebentou a máquina recreativa que tiña tamén caixa de seguridade onde estaba a recadación do día duns preto de 1.500 euros. O valor dos estragos anda nos 7.000 euros. Tamén hai imaxes do exterior, aínda que non se difundiron.

O home actuou con luvas de xardinería e podería ser o mesmo que roubou noutros establecementos da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade