Publicador de contidos
Publicador de contidos

Búscase o dono dun sobre con cartos atopado en Bóveda

Búscase o dono dun sobre con cartos atopado en Bóveda

Apareceu diante do centro de saúde de Rubían

Non dan detalles do achado para evitar trampas

G24.gal 16/02/2024 14:38

No chan, nun lugar visible e algo mollado foi como atopou unha parella do concello lugués de Bóveda un sobre con diñeiro. Non dubidaron e entregárono no concello.

"É unha cantidade curiosa, considerable, e o feito de devolvelo co fácil que sería metelo no peto", explica o alcalde de Bóveda José Manuel Arias.

Na vila son moitos os que aplauden o xesto.

"Foi alguén que é moi boa persoa. Mira, non se perde a fe na humanidade, puido gardalo e tivo a dignidade de devolvelo".

E manifestas que farían o mesmo.

"Eu entregaríao tamén, se o encontro non é meu, pesaríame toda a vida. O xesto paréceme formidable, dunha persoa honrada das que non se encontran moitas hoxe".

Pero tamén hai quen, entre risas, dubida de que faría.

"Home, depende o diñeiro que fose".

"Eu tal e como está a economía non sei se o devolvería. Depende da cantidade. O que o fixo é un bo tío, portouse".

Lembra que ata o centro de saúde onde apareceu o achado acoden non só os veciños de bóveda senón tamén os do Incio. 

"Nese diñeiro non hai nada que identifique ao propietario pero si hai un detalle entre o diñeiro que esa persoa pode concretar", conta o alcalde de Bóveda José Manuel Arias.

Non dan detalles do sobre para evitar trampas e creen que pode pertencer a unha persoa maior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade