Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan dúas persoas que agrediron e deixaron inconsciente un home en Vilagarcía

Buscan dúas persoas que agrediron e deixaron inconsciente un home en Vilagarcía

Nun primeiro momento, o agredido incorporouse e sentou, pero caeu minutos despois

Os actos violentos aumentan na última semana no barrio dos Duráns, en Vilagracía

G24.gal 03/07/2023 14:23

A Policía Nacional e a Policía Local de Vilagarcía de Arousa estableceron un dispositivo de procura para localizar as dúas persoas que agrediron e deixaron inconsciente un home.

Foi tras unha liorta que se rexistrou sobre as dúas da madrugada na Praza Martín Gómez Abal.

Ao chegaren, os axentes só puideron atopar un home ferido na cabeza e inconsciente que estaba a ser atendido polas dúas persoas que alertaran ás autoridades do incidente e por unha muller que se marchou sen identificarse.

A agresión foi gravada por unha cámara de seguridade, polo que os investigadores dispoñen da descrición dos autores da malleira.

Na gravación tamén se ve a muller que tentaba separalos e que foi avisar os outros dous homes que aparecen posteriormente nas imaxes axudando o ferido.

Segundo as testemuñas, nun primeiro momento, o agredido incorporouse e sentou, pero caeu minutos despois e quedou inconsciente, sen responder a ningún tipo de estímulo e cun tremor nunha man.

Nestas condicións estaba cando chegou a ambulancia do 061 que o trasladou ao Hospital do Salnés.

A poucos metros do ferido, a policía atopou un sobre cunha substancia que parecía marihuana e un chisqueiro, amais dun teléfono móbil e unha carteira que contiña o DNI da vítima, que permitiu identificala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade