Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas ofrécelle vacinas á China para frear a explosión de contaxios de covid

Bruxelas ofrécelle vacinas á China para frear a explosión de contaxios de covid

A UE valora pedir pasaporte covid aos que veñan da China como xa fan España ou Italia

Pequín considera inaceptables as restricións aos viaxeiros procedentes do país

G24.gal 03/01/2023 19:55 Última actualización 03/01/2023 20:20

A vaga de contaxios avanza cada día na China desde que abandonou as restricións extremas da política covid cero.  

"Temos 145 camas na UCI e están todas ocupadas", explica o director dun grande hospital.

E os contaxios masivos xa están pasando das cidades ás zonas rurais onde a capacidade de resposta sanitaria é menor. A Comisión Europea ofrécelles axuda.

 "Experiencia en saúde pública e a doazón de vacinas adaptadas ás novas variantes", explica un voceiro da Comisión Europea.

Pequín non respondeu a esta oferta pero si á imposición de restricións para a entrada dos seus cidadáns en varios países europeos.  Cualifican e medida de desproporcionada e advirten de que tomaran contramedidas en base ao principio de reciprocidade

España é un dos países que comezou a facer controis sanitarios e desde este martes tamén a pedirlles o pasaporte covid aos chineses que chegan en avión. Algúns pasaxeiros explicaban no aeroporto de Madrid que lles tomaron a temperatura e lles pediron a documentación: unha proba negativa e a acreditación de ter a pauta completa de vacinación cun soro homologado.

España é Italia adiantáronse a unha medida que este mércores podería decidir implantar toda a Unión Europea.  Instan a reforzar a vixilancia para detectar novas variantes incluíndo tamén o control das augas residuais dos aeroportos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade