Cargando resultados...
Bruno Pirri chega coa máxima ilusión á liga española
O central brasileiro de 30 anos ten moita experiencia pero nunca tivera unha proposta de España
G24.gal
10/08/2022 15:17
Pasamos polo Anxo Carro onde o Lugo presentou a súa última fichaxe; Bruno Pires Pirri. Bruno Pirri é un central brasileiro de trinta anos con experiencia na liga brasileira, en Portugal, en México e na China. Ven a reforzar un posto no que o Lugo ten dificultades desde a temporada pasada. Estreouse o sábado en Ribadeo no amigable co Racing de Ferrol.